martes, 9 de xuño de 2009

Obxetivo Iresponsable de "Galicia Bilingue"

 “Galicia Bilingüe, nado no ano 2007 é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin primordial é defender o dereito dos pais ou, no seu caso, dos alumnos a elixir a lingua vehicular na que estes han de ser educados e, en xeral, o dereito dos cidadáns a elixir en cal das dúas linguas oficiais a Administración ha de comunicarse con eles”

 Isto que acabo de engadir é o obxetivo básico que aparece na web de dita organización e sen embargo faise chamar “Galicia Bilingüe”. O nome da asociación, para aqueles que non a coñezan, soa ben e ata parece cordial e equilibrado con carácter democrático. Logo demóstrase, se nos adentramos nos seus principios, que ese nome non é máis ca un simple “márketing” para dar a entender a sociedade que defende de igual modo calquera das linguas que son oficiais en Galiza.

 O que realmente pretenden é implantar un modelo no que o idioma ensinado nas aulas sexa aquel que a sociedade, debido os prexuízos do momento por parte da clase de poder dominante, o considera mellor cara o futuro. Non repara ou non lles interesa equilibrar a coexistencia das linguas que se empregan no país actualmente pero si reparan en defender con ímpeto, ata o último momento en que a lingua maioritaria (neste caso o castelán en todo o territorio estatal) non perda falantes nin chegue a sufrir o que aconteceu no seu momento coas linguas coexistentes no territorio estatal español.

 Iso o consideran unha inxustiza e eu tamén estou de acordo pero sen embargo que a xente non poida dominar máis linguas que a materna non o teñen en conta. Coma se un neno só fose capaz de aprender unha única lingua e ata lle din a xente que se non aprenden a materna igual non van ben educados.Aí está a ignorancia desta asociación que trata de defender os dereitos e as liberdades das persoas.

 Que mellor liberdade dunha persoa que poder defenderse non só na lingua materna senón tamén nas linguas que o rodean no seu entorno máis próximo. Sexan esas linguas minoritarias ou as máis faladas, o que non se pode facer é restrinxir e limitar o coñecemento de distintas culturas que conviven nun territorio xa que non se está sendo responsable e obxetivo na educación que reciben os nenos e nenas deste país. Entorpecer a dinamización de calquera idioma nun país, teña os falantes que teña, estase fomentando unha política de marxinalización para o futuro da sociedade galega.

 O de darlle máis espazo xurídico a un idioma (neste caso o galego) non ten por qué solaparse coa coexistencia do outro idioma (castelán) sendo o castelán o que posúe máis espazo ata o de agora.

 Os dous idiomas deberían ser vehiculares no ensino por ter presenza social e ata engadiría que outros idiomas foráneos ao territorio español poderían ser os idiomas vehiculares nas asignaturas que dan a coñecer esas linguas para que o cativo ou cativa empece a asociar a diversidade lingüística que existe no mundo e non só vexa en exclusiva un idioma coma se ese fose o universal.

 Quero deixar claro que se esta organización defendede as liberdades dunha persoa por riba de calquer coñecemento idiomático, o da lingua materna é unha escusa que si pode ter esa apetencia ou capricho por parte de algún pai ou nai pero que non deixa de ser unha irresponsabilidade e un paso atrás na educación libre do neno ou nena no seu futuro.

 Iso é o importante dunha educación libre e universal e non sectaria e marcada con prexuízos idiomáticos que o neno non entende e nin é cosciente mentres é inocente. Só lle carreará choques sociais con outras persoas no futuro ou unha mentalidade pouco realista e nada obxetiva do contexto social no que vive debido a mala ou escasa educación idiomática que viviu no momento. Compre que o cativo ou cativa a parte de ser consciente co seu entorno manteña unha empatía idiomática e valore a riqueza cultural e diversa que hai no noso país.

2 comentarios:

  1. Dende o meu punto de vista, e como xa sabes polos numerosos debates a beira dunha caña, en moitos casos acompañada por embutidos e queixo do pais, considero que o galego como lingua e un dos bens máis preciados que temos os galegos, é un simbolo de identidade, quizáis o maior, dos galegos como pobo. Todos temos a obliga de dominalo e o deber de fomentalo usandoo nós mesmos na vida cotiá ainda que sexa de forma ocasional.
    Non entro a debatir se o galego e impulsado dende a admon ou ben o están a relegar da mesma. Dende ese punto de vista, GADISA fixo máis pola defensa da cultura galega que ningunha outra institucion nos ultimos tempos. Pero si me gustaria decir que estou molesto e admito o meu cada vez menor uso do galego na escrita, debido ó cambio ortografico de moitas palabras. Sintome reticente a escribir en galego porque sei que cometerei moitos error ortograficos e eso indica analfabetismo. Unha lingua viva non varia o seu lexico co tempo, excepto para adquirir novas palabras que definan realidades que antes nos existian, e viceversa, moitas palabras acaban por extinguirse porque xa nos existe a realidade que describen.

    O caso é que debemos ter unha mentalidade aberta e sen descoidar o coñecemento do galeoo, debemos saber expresarnos con total fluidez en castelán (recalco, total e absoluta fluidez) e ter coñecementos medios de Inglés na escrita e na fala. Do contrario pódensenos cerrar moitas portas. A diversidade sempre é enriquecedora, pero non usemos o galego para cerrarnos, senon para estar orgullosos das nosas raices, da nosa cultura e da nosa identidade.

    Un saúdo e ánimo co blog.
    Óscar

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas tua dedicación con estas palabras e o apoi dado.
    Comparto certo parecer do que reflexionas e engado que unha lingua ao igual que a cultura da que forma parte evoluciona e ten que adaptarse as novas formas de describir a realidade sen perder o léxico que lle dá a sua esencia como lingua viva e diferente de outras, de hai que falemos de normalización e normativización dun idioma.
    O castelán, por poñer un exemplo, ten ese paso dado mentres que o galego quedou por dalo séculos atras. Esa é a gran diferenza e inconvinte que ten o galego con respecto a outros idiomas. Está nunha fase previa a súa plenitude como idioma normalizado na sociedade. Tamén e normal encontrar certa conflictividade linguistica por dar ese paso cara unha correcta normalización idiomática xa que a situación política actual en vez de atallar e avanzar para alcanzar a plinitude da normalización do idioma perturva e contamina máis a realidade cultural galega.Iso está a acontecer en sociedades pouco empáticas cos seus valores sociais e de perfil con carácter de valorar o alleo de outras culturas e non o seu propio.
    Póñoche un exemplo de culturas como o catalán que na mesma situación política ca galega resulta que é unha sociedade con un alto grao de empatía cos seus valores e a sua evolución como lingua está a invertir os seus datos logo da dictadura do século pasado.
    Saúdos.

    ResponderEliminar