Que non te enganen, a renda básica universal é un dereito non unha caridade.
Partindo de que un dos ideólogos desta renda mínima, garantizada, incondicional e posibilitadora da liberdade individual, naceu nun condado de Inglaterra e logo foi promotor do liberalismo e da democracia e tamén fundador dos Estados Unidos de América (Thomas Paine) non se trata dunha simple proposta de ideoloxías de esquerdas. Este pensador tamén foi un firme defensor do agrarismo e no seu relato titulado, Xustiza agraria (1776), comenta que o cultivo é como mínimo un dos maiores avances naturais xamais feitos pola invención humana.
Neste sermón continúa dicindo que o ser humano multiplicou por dez o valor da terra creada pero o monopolio territorial que se iniciou con él producíu tamén o maior dos males. Desposeeu a máis da metade dos habitantes de todas as nacións da súa herencia natural, sen proporcionarlles, como debería haberse feito, unha indemnización por esa perda e creouse así unha especie de pobreza e miseria que antes non existía.

Este liberal está defendendo un dereito. Alega claramente polo valor perdido, debido a unhas prácticas dun sistema desigual e pretende retornarlo ao seu estado natural antes da civilización.
Non defende unha caridade senon a recuperación dun sustento innato da especie humana dende o seu nacemento. Deus como creador non fixo ricos e pobres, él, só fixo a muller e o home e deulles a terra como herencia para a súa vida nela, reflexiona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario