Seica entraron a comandar un reiNO persoas alleas aos intereses das oligarquías tradicionalistas establecidas.
Estes intrusos dificultarían moito o chuchar que manteñen dende tempos os parasitos deste sistema defunto. Neste escenario, poderíanse comprometer as operacións secretas de alto rango. Se saen á opinión pública todas as artes practicadas neste reiNO a causa entra nunha fase de contracción e adaptación radical que toca orquestar paulatinamente novas formas.
Non se fían dos actores electos comandados pola cidadanía e, tócalles gardarse das prácticas democráticas e transparentes, mostrando novos métodos fóra do ben común pero diluídos como ben xeral, unificando e centrando todo o asunto na defensa do dictado contraído polo gran leal.
O conto este ata podía ser real.
Ningún comentario:
Publicar un comentario