O capitalista é un mercader instrumental oportunista, creador dunha débil actitude solidaria.
A solidariedade que propicia o capitalista é algo pasaxeiro, efémero, superficial. Movilízase polo emotivo, coma calquera mal crego no seu altar, tratando de ensinar a palabra dende a Fe, sen dar a coñecer máis alá da palabra de Deus, sen amosar como foi a verdadeira Obra do Señor. Falta practicala e demostrala.
En xeral, o capitalista, coma outros moitos personaxes emerxentes neste sistema capitalista, provocan só unha fráxil comprensión do verdadeiro concepto de solidaridade e cooperación. Teñen outra intención. Desexan dende as súas sabias que o estado de transformar a situación en igualdade nunca suceda. O compromiso estable no tempo, de fomentar e consolidar a igualdade non sae de forzas emotivas, senon de sacrificio e obras do día a día, con feitos ao longo do tempo. O resto é só para querer quedar ben, no momento ou para deducir na renda os seus beneficios sen querer cambiar nada do que está estructurado.
Blindar o lucro é o que o caracteriza, é o predominante do seu ser, non a solidaridade.
Blindar o lucro é o que o caracteriza, é o predominante do seu ser, non a solidaridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario