É certo que todos son iguais cando non teñen máis cultura política cá española. Felipe, o político de vez, fixo a historia que lle ditaba a Coroa. O mando ese, que só fai que non fai pero non deixa facer democracia, agora é Felipe.
Na corrente política española, deste sistema monárquico parlamentario, séguese a estratexia de plantar novas vellas figuras para dar pé a que o pobo semelle e pareza representado pero non acaba sendo decisorio no que nos din que é o noso propio estado.
Esta central de criaturas do sistema só dá froitos para a monarquía e moitos custes para a cidadanía. Neste continuísmo seguimos atados, por monicreques servís e delegados da plutocracia tradicional católica e zuna absolutista que só son capaces de manter un poder sen as persoas do común. Sen a cidadanía do ben común.
A organización criada no 15m xa chegou á idade do servilismo, á idade da puberdade da súa verdadeira identidade. Nótase que non era do 15M, só estaban no 15m. Teñen dende sempre unha función acaparadora e catalizadora para facer unicamente fume e darlle máis tempo a unha institución medieval e anacrónica.
Non se espere máis, a idade da cidadanía na política xa fai moito que chegou, é tempo de institucionalizala. A democracia ou faise radical ou simplemente non existe. A demagoxia é unha arte para a política no poder. O exercicio dos pobos para exercer o seu poder está instituída na democracia non nun rei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario