1. A RADIOGRAFÍA DO MAL GASTO
Como veciños de Dozón, asistimos con estupor a un novo anuncio de gasto no edificio do Castro: 51.000 euros para unha cuberta de lousa. Esta cifra, que illada parece unha axuda necesaria, é en realidade a última peza dun puzzle de despropósitos que leva construíndose máis de trinta anos.
Dende os anos 90, este inmoble funcionou como un "contedor baleiro": un edificio que cambia de nome cada vez que aparece unha nova subvención, pero que nunca chega a ofrecer o benestar que os veciños merecen.
3. O BALANCE: MÁIS PEDRA, MENOS SERVIZOS
A realidade é desoladora. Gastouse máis dun millón de euros (case 200 millóns das antigas pesetas) no mesmo bloque de pedra. Mentres tanto:
• Os nosos maiores seguen sen unha residencia operativa no concello tras 30 anos de promesas.
• As parroquias sofren carencias en saneamento, iluminación e mantemento de pistas.
• O patrimonio do concello convértese nun "buraco negro" que só xera gastos de mantemento sen producir un só beneficio social ou económico estable.
O proxecto actual do Plan PON2030, de case medio millón de euros, non é un logro: é a confesión dun fracaso. É a proba de que todo o diñeiro gastado anteriormente non serviu para nada, e de que seguimos "maquillando" un edificio que non ten un plan de futuro real.
4. PREGUNTAS QUE MERECEN RESPOSTA
A cidadanía de Dozón ten dereito a saber:
1. Que utilidade real terá o edificio o día que rematen as obras? ¿Seguirá pechado a maior parte do ano?
2. Canto nos custará cada mes mantelo aberto? (Luz, calefacción, persoal).
3. Por que se prioriza o tellado dun edificio baleiro fronte ás necesidades urxentes de auga e servizos básicos que teñen os veciños nas súas casas?
📢CONCLUSIÓN
A Curuxa no Castro non é un investimento, é un monumento á mala planificación. Xa vai sendo hora de que o diñeiro público deixe de quedar no tellado dun edificio pantasma e empece a chegar ás mans da xente.
DOZÓN MERECE RESPETO E SERVIZOS, NON MÁIS OBRAS INFINITAS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario