sábado, 20 de febreiro de 2021

A primavera democrática aínda ten que florecer para dar froitos de poder civil.

《Ao final resulta que as sociedades españolas aínda non son maiores de idade na democracia. Non é unha población madura, e menos responsábel para estar nela. Por iso necesita de titores guapos que os guíen e controlen, non vaia ser que violen as normas da patria e non poidan volver a ela sen un escarmento, sen unha condea que os adoutrine neste patio de menores demócratas.》


A historia española paréceseche a este relato que ben podería ser o preámbulo para dar fin a un derradeiro capítulo e constituír unha nova fase da etapa transitiva fóra desta serie do reiNO de España.

🎗 

A transición democrática nas 17 primaveras aínda non pasou. As súas soberanías, como democracias plenas, aínda non se lograron emancipar dunha patria que, seguedora dun pasado, que non quere deixar, empéñase en bloquear toda fase de metademocratizar a política vital. Faltan moitas consultas esenciais. Precísase referendar moitas outras iniciativas elementais.  É tempo de que veñan primaveras e florezan nelas, de veras, a democracia popular. Xa toca haber poder, poder social, centrado na xente individual.


O poder do pobo é o medo do dono do réxime. Por iso toda a mediateca fornecida por él acelera a súa propaganda, anubrando a chave da situación con outras canalizacións alonxadas da doada solución: liberdade de expresión e forza de reinstituír a voz da cidadanía nas xefaturas funcionais con moita carga de representatividade local.

luns, 4 de xaneiro de 2021

Un cambio máis ca climático é o da actuación solvente.

Se o cambio climático non indica ou amosa indicios de remitir logo da paralización da emisión de gases debido a pandemia estamos nunha situación moi  grave. Trátase dun cambio moito máis ca climático ou cértamente xa estamos nunha fase de non retorno. Xa non hai volta nin situación ecolóxica que faga obter un resultado positivo para evitar un desastre de contaminación propicio para a extinción dos seres vivos no planeta.

O marco regulatorio da transición cara unha saúde ambiental é moi tardío e case insignificante da política que tocaría aplicar. Seguramente debe ser moito máis severa no impacto económico e de transformación na producción industrial e de servizos fóra de actividades extremadamente polutivas cá que se recolle só en normas sen aínda levar á práctica.

O momento de ver certos resultados favorábeis estivo neste preciso ano pasado e as espectativas de lograr parar este desastre ambiental e humano están moi lonxe de alcanzarse por non decir imposíbeis de atallar. 

A incerteza de ver realidade as actuacións pendentes de activar é maior ca o horizonte que nos proxectan as tendencias negativas de seguir así.

Toca actúar máis ca só estudar novos e incertos escenarios xa que a realidade actual vese ben complicada e chea de accións a solventar aínda alleas e afastadas ao camiño de obxetivos de protocolos de décadas pasadas incumpridos. 


venres, 27 de novembro de 2020

Unha corrente continuista non institúe democracia.

  É certo que todos son iguais cando non teñen máis cultura política cá española. Felipe, o político de vez, fixo a historia que lle ditaba a Coroa. O mando ese, que só fai que non fai pero non deixa facer democracia, agora é Felipe. 


 Na corrente política española, deste sistema monárquico parlamentario, séguese a estratexia de plantar novas vellas figuras para dar pé a que o pobo semelle e pareza representado pero non acaba sendo decisorio no que nos din que é o noso propio estado. 


  Esta central de criaturas do sistema só dá froitos para a monarquía e moitos custes para a cidadanía. Neste continuísmo seguimos atados, por monicreques servís e delegados da plutocracia tradicional católica e zuna absolutista que só son capaces de manter un poder sen as persoas do común. Sen a cidadanía do ben común.


   A organización criada no 15m xa chegou  á idade do servilismo, á idade da puberdade da súa verdadeira identidade. Nótase que non era do 15M, só estaban no 15m. Teñen dende sempre unha función acaparadora e catalizadora para facer unicamente fume e darlle máis tempo a unha institución medieval e anacrónica.


   Non se espere máis, a idade da cidadanía na política xa fai moito que chegou, é tempo de institucionalizala. A democracia ou faise radical ou simplemente non existe. A demagoxia é unha arte para a política no poder. O exercicio dos pobos para exercer o seu poder está instituída na democracia non nun rei.

mércores, 25 de novembro de 2020

25N: Un día feminino e magnánimo para repetir a diario.

O concepto feminista de hoxe en día nace no 1882 da man de Hubertine Auclert. Esta palabra logrou abarcar un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos co fin común de conseguir para a muller uns dereitos ecuánimes e unha convivencia humana estábel por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero.

 

Permitiu entrar nun tempo novo, cun futuro aberto no que se recoñecía o papel e o espazo desta sen depender dun home ou estar anulada por este. Case vai xa século e medio dende este xurdir ata hoxe e a Humanidade segue pendente de ver froitos. Está por resolver un problema que é de xustiza social e de poder dar oportunidades para alcanzar que todas as persoas sexan iguais independentemente do seu xénero. 


A meta aínda non se ve. Compre continuar o camiño da reivindicación, da conmemoración e sobre todo da esixencia e da acción para cumprir o que é de boas e xenerosas persoas. Desexo que medren e veñan máis días feministas, hoxe é un deles. Parabéns a todas as mulleres. 

xoves, 29 de outubro de 2020

O Campo dá máis ca Vida.

No mundo urbano haberá outras comodidades pero no mundo rural hai moitas oportunidades e tamén moitas posibilidades a realzar e darlles valor. Que estas opcións non estean de moda ou que non sexan aceptadas pola influencia das liñas comerciais, centradas nas grandes superficies e orientadas a atomizar a sociedade, concentrando esta en edificios afastados da natureza, pois xa é un problema de visión, aberto e proxectado só nun modo de vida que erroneamente se ve como único para lograr o benestar. 

 

A xente afeita a falar mal do rural está cargada de prexuízos e tamén pode estar baseada nunha apreciación xerada dende un entorno illado do rural por ignorar que o mundo do campo é a base da economía, é o punto primario de partida que sostén a toda a sociedade.  

 

Os ciclos da mobilidade da poboación entre a cidade e a aldea, ou entre o urbano e o rural, seguen activos e continuarán producíndose constantemente no tempo . Precisamente este tipo de apreciacións que xera a cidadanía, segundo a etapa de benestar apreciada de forma xeral, debido á economía establecida e á política usada, son as forzas que definen o movemento da poboación. O feito desta apreciación non fai máis ca demostrar que se trata dun proceso subxectivo e non está vencellado de xeito directo, o benestar co mundo urbano e o malestar co mundo rural. Pódense dar os dous estados nun entorno rural ou nun entorno urbano independentemente deste.   

 

Todas as vilas, cidades e urbanizacións que teñen zonas vellas no seu centro ou ao pé, comezaron sendo aldeas ou lugares con poucas vivendas. Que estes lugares teñan poucos fogares e habiten poucas persoas, nos mundos de hoxe, non teñen porqué ser caracterizadas por economías limitadas á supervivencia. Se son encadras na autosuficiencia, este atributo é un punto positivo e non ten que levarnos a consideralo negativo. Todo o contrario. O rural claro que precisa de máis atención para poder equiparar certos servizos ofrecidos exclusivamente en moitas zonas urbanas pero, por estas limitacións non pode pasarse a desertar e deixar abandonada estas zonas. 

 

O concepto de riqueza nun hábito urbano é alterado e moldeado moitas veces polo alto grao de materialismo e consumismo establecido. A riqueza baseada só no diñeiro monetario fai que outros valores coma poder estar en contacto diario coa natureza queden desprezados ou anulados por completo. Rachando coa orixe que nos dou o ser. 

 

A mentalidade adquirida de asociar a vida no campo á miseria é unha das causas da desidia rural, é unha das razóns apolíticas de apoio e favorecedoras da aceleración e caída demográfica do interior galego. O problema disto indica que a base da economía de proximidade cada vez se limita máis, desfacendo a base da subministración alimentar autóctona dun país. 

 

Mentres haxa industria que permita gañar diñeiro parece que todo vai ben pero cando só se chega a abastecer á poboación con alimento do campo foráneo ao país, este está orfo do rural e vese claramente avivar unha crise e unha dependencia extrema dominada por un gran monopolio alimentario, apartado de todo control da súa sociedade.


Pode ollarse esta publicación nos seguintes xornais:


http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/143442-campo-vida 

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2020/11/03/o-campo-da-mais-ca-22176761.html



xoves, 22 de outubro de 2020

A moción da dictadura.

   VOX é o aparato do reiNO para preservar a oligarquía. VOX é a arma da Coroa para manter a súa monarquía parlamentaria. VOX é o gromo actual da Spain fabricada, da Spain montada e encaixada dende unha embaixada que no 1936 fixeron unha emboscada á democracia. O poder representado pola cidadanía destes territorios ibéricos causóulles e segue a causarlles ameaza aos seus intereses. No 1936 provocaron unha guerra e millóns de mortos, tamén fieis a eles. Non lles importa a vida de ninguén. Queren volver a gromar eses tempos porque saben que lles dou un resultado. Son os donos do medo, son os donos do odio, son os artífices dun novo plan para únicamente volver a concentrar o poder. Totalizar e dictar o seu resultado nun territorio baixo normas e intereses afastados da poboación civil, apartadas de dereitos e liberdades.

   A democracia non se contrúe nun día pero a dictadura si. Avivar e apoiar, ou simplemente absterse ou ser indiferente ante esta organización é ser partícipe da eliminación da democracia.

domingo, 2 de agosto de 2020

Tempo de enxertar a democracia da política de verdade.

 Certo é que a Constitución española do 1978 é un marco regulado baixo a Coroa dos Borbóns, tamén é, o obstáculo angular para lograr a chegada de establecer un Estado de Dereito acatado en plenitude polos Pobos deste reiNO.

 A situación pasa  pola rebelión a unha monarquía corrupta e chea de poder agromada dun réxime ditatorial co fin de alcanzar unha xusta democracia emanada da sociedade dos pobos.

 Sempre e cando toda a forza da sociedade teña valentía e constancia no tempo para expulsar politicamente, das institucións democráticas, as oligarquías establecidas e sexa capaz de dinamizar e tecer ideas propias dun Estado Cívico e non sometido ao poder dominante , chegarase a un establecemento claro de poder popular.

 Deixar atrás a tiranía parlamentaria e as milicias sucesorias de monarquías absolutistas , durante este proceso transitorio cara a democracia, tamén é fundamental para unhas metas socioeconómicas prósperas das Repúblicas Populares Ibéricas e entrar así nun tempo novo, propio da modernidade no que o idioma político e a norma estea entaboada unicamente coa palabra cívica, clara e culta das persoas que conforman as culturas plurais e diversas desta península. 

 Camiñar no presente dando pasos con estas liñas é o propio de estruturas avanzadas de fortes movementos activos da política que nos dá a vida cando se apalpan e ve que existen unhas sementes de culturas democráticas e non braveiros coma touros de lidia de ditaduras herdeiras pasadas.

 Toca enxertar a democracia para que floreza a liberdade e haber, na práctica, a política de verdade.

  Podes atopar este artigo nos seguintes xornais:


luns, 15 de xuño de 2020

A política de apoio e mellora agraria non debe ser só auxilio

Todos os sectores, sexan do primario ou da industria transformadora, reciben apoio económico con menor ou maior contía. O asunto fundamental é se esa axuda, e todas as estratexias políticas cara o sector, permiten sostelo, garantindo a continuidade no tempo dunha actividade atractiva e con réditos para investir nela dende o inicio da mesma. 

A economía primaria, e en concreto a produción do leite, debería contar con poder suficiente para permitir marcarse a súa propia marxe de beneficio sen estar fixada de maneira esóxena por outros actores. A gobernación pública debería arbitrar e tutelar o cumprimento desa regra de transparencia.

O arranque e desenrolo do tecido primario na Galiza ten moito potencial que tampouco está a ser activado. Canalizar e dinamizar as liñas que deberían facerse, con ferramentas que aporten complementos de valor, sen contaminar o prezo do litro de leite, seguen a estar pendentes. 

O prezo do leite é o resumo de toda a actividade. É o final dun valor trasladado, que debería ser o xusto, sen alteracións, sen perturbar o verdadeiro importe. Fixado e cotizado no mercado coas leis dunha dinámica transparente e atada a forzas tendentes a dar un valor optimizado de todas as contías variábeis da transacción ata o consumidor final. Unhas forzas que tamén impulsen a obtención dunha ganancia razoábel e equitativa a todos os entes xeradores da cadea de valor contando co ente produtor.

Por desgraza, neste país, o prezo vénnos dado e a manobra que nos queda é axustar, na medida que poidamos, os custes de aquelas variábeis relativas totais máis manexábeis dese valor final.  A tarefa case se ve como misión imposíbel cando nin iso se dá controlado. Por iso, a importancia de ter unhas liñas de apoio indirectas máis importantes, sen que afecten á baixada do prezo do leite é esencial. E non me refiro a un aporte só económico senón, ao de forzar unha maior amplitude da importancia que ten o sector primario na economía local do entorno. As gandarías son a base e sustento fundamental. É o comezo da xeración dun alimento de primeira necesidade. Coidar e garantir este ente económico e social no rural ten que ser primordial na política galega.
Hai moitas estratexias posíbeis á hora de poder facer valer a demanda dos produtos nosos, sen caer en políticas intervencionistas ou agresivas contra o foráneo. Suíza márcase obxectivos nesa liña, afronta un escenario que permite ás ganderías ter ganancias acordes. Francia, sendo membro da UE coma Galiza, tamén xoga nese papel.
O ente produtor de calquera sector primario debe funcionar cunha marxe de beneficio vinculada ás ganancias dos intermediarios sen escalar beneficios no prezo final ao consumidor. Non se trata dunha técnica de fixación de prezos regulados explicitamente nin independentes da interacción da demanda coa oferta. Trátase de estruturar un modelo no que se distribuían as marxes ganancias a todos os partícipes do ben producido e engadido nesa cadea ata o usuario final.
O futuro é incerto pero a política apropiada e adaptada a un sector, que demanda un horizonte de prosperidade, debería aparecer axiña e fixarse en trazar un contexto estábel para todos.

Este artigo tamén se atopa nos xornais:



venres, 12 de xuño de 2020

O monte galego: mina de ouro na superficie.

  O fundamental na política da xestión do monte do noso territorio é encauzar liñas plurais de revalorización e incentivos variados para a actividade da industria e do entorno forestal, empregando a gran variedade autóctona da materia prima que xera Galiza. Poñendo un exemplo concreto, tan importante é producir madeira como lograr cerrar o ciclo da actividade que xera esta aquí. Apoiar a apertura e desenvolvemento de negocios locais, tecéndoos neste ciclo, e non só limitarse a exportar para que outros de fóra, transformen e engadan valor a algo que debería facerse aquí. Con isto existirían unha variedade importante de empresas privadas e públicas que manterían un campo industrial e servicial forte á cidadanía galega.

  É unha mágoa que cando se empregan as palabras forestal e Xunta na mesma frase se monopolicen para referirse á celulosa e a os lumes. E é precisamente a propia Xunta, gobernada polo partido popular, quen se encarga de alimentar esta visión. Direxe políticas para dous negocios, o da celulosa e o da extinción. O resto é marxinal e nós somos meros espectadores afectados dunha explotación tan amañada e tan cerrada, apartando todos os beneficios posíbeis da cidadanía en xeral que, igual que as raíces do eucalipto desertizan o sólo de auga e minerais, a vida de cada galego queda baleira. É tal a magnitude deste proveito particular que a vida aos galegos quédalles foca, e tampouco lles permiten aproveitar nada que non sexa a prol das directrices políticas caciquís dos seus tecidos clientelares. Isto é o que empobrece este país.

  A sabia que empapa unha cultura forestal máis diversa e sobre todo chea de valor e riqueza, non só pecuniaria e de lucro, senon tamén sentir  fortuna da conservación da reserva natural, propia dun país milenario, é a que debería circular. 

  O sacrificio por unha sociedade cívica e ben formada neste campo tamén lograría emerxer praxes adecuadas, permitindo asentar unha conciencia colectiva sobre un monte rico, apreciándoo tanto coma o ouro o é para o xolleiro.

  O quilate deste asunto baséase niso, na reflexión e o debate constructivo, cooperando, sen derruír o entendemento e matizando cada paso para andar firme e ben enraizado no camiño forestal. 

  Este feixe estratéxico, sendo o obxetivo na gobernanza, daría bos resultados, non só á sociedade senon tamén ao seu medio natural e á calidade de vida no rural. Melloraría todo de maneira sustancial.

domingo, 7 de xuño de 2020

A Galiza, fonte máxica de vida.

  O territorio galego foi, é e será berce dunha cidadanía maga, singular e dona de si. Permite ser fecundo de pobos transmisores, cunhas vías de sabia e mestría seculares. Baixo tempos máxicos e acompasados co astro emisor ha dar uns raios verdecentes e a traveso dun ar xerador,  un prácido fungar.  A esperanza dá a vida eterna, e agourada por todos hase atopar. Galiza punto de encontro, hábitat de bo exemplar.

sábado, 6 de xuño de 2020

Na terra de colonos só hai tronos

  Os dereitos humanos nos EEUU aínda non se ven. Seguen a ter calamidades dirixidas por unha civilización atrasada e moi desfasada do que debería ser unha sociedade evolutiva e garantista da humanidade.

  Faltan valores éticos. Teñen a necesidade dunha concienciación colectiva máis alá dos privilexios salvaxes. Precisan inculcar un conxunto de dogmas traballados dende a paz, transversal a todo o mundo. Non deberían limitarse a xerar, dende o oportunismo singular, climas experimentais e escenarios proxectados nunha base unilateral dun tipo de cultura orquestada pola contorna do diñeiro e traficado sen ningunha regra social.

  Continúa a ser un territorio de foráneos, sen valores enraizados en aborixes. A natividade foi erradicada moitos séculos atrás e continúan esa metodoloxía nos seus hábitos diarios. Vese, a leguas, que aínda perduran con esa praxe. Na terra de colonos só hai tronos.

luns, 27 de abril de 2020

A desescalada que non debe existir na saúde pública.

  Que vos parece a lexislación favorecendo os intereses privados no lucro da asistencia sanitaria sen perder a garantía duns servizos dignos e sempre soportados por uns prezos pagados polo usuario acordes ao mercado? 

  Típica pregunta formulada pola ideoloxía da dereita e traducida por todos nós como o desmantelamento do servizo público sanitario universal. 

  Este proceso lexislativo que encanta a votantes nunca é asumido por estes debido ao nulo entendemento da pregunta formulada ou á desmesurada empatía polo patrón liberal que lles causa o desexo de ter eles tamén dito lucro. As dúas razóns son de igual peso; malas e negativas para unha sociedade que se sinte progresista. Esta proposta e debate xera derivas cara a desigualdade e a penalidade na asistencia sanitaria dun país.

  A reflexión e a meditación dun pensamento positivo e garantista dun servizo esencial na sociedade, é o pé para mellorar esta ao longo do tempo, sen caer en desescaladas que erosionan garantías logradas. Consolidadar de maneira continua no presente, cara o futuro, un benestar de calidade na saúde da cidadanía, pasa por chegar a empatizar nas persoas esta situación e non limitarse só a do mercader sen ter feira.

venres, 17 de abril de 2020

Chíos altos, píos baixos: sons de reiNO.

 Seica entraron a comandar un reiNO persoas alleas aos intereses das oligarquías tradicionalistas establecidas.

 Estes intrusos dificultarían moito o chuchar que manteñen dende tempos os parasitos deste sistema defunto. Neste escenario, poderíanse comprometer as operacións secretas de alto rango. Se saen á opinión pública todas as artes practicadas neste reiNO a causa entra nunha fase de contracción e  adaptación radical que toca orquestar paulatinamente novas formas.

 Non se fían dos actores electos comandados pola cidadanía e, tócalles gardarse das prácticas democráticas e transparentes, mostrando novos métodos fóra do ben común pero diluídos como ben xeral, unificando e centrando todo o asunto na defensa do dictado contraído polo gran leal. 

 O conto este ata podía ser real.

venres, 10 de abril de 2020

O ingreso mínimo vital existe antes que o do capital.

Que non te enganen, a renda básica universal é un dereito non unha caridade.

Partindo de que un dos ideólogos desta renda mínima, garantizada, incondicional  e posibilitadora da liberdade individual, naceu nun condado de Inglaterra e logo foi promotor do liberalismo e da democracia e tamén fundador dos Estados Unidos de América (Thomas Paine) non se trata dunha simple proposta de ideoloxías de esquerdas. Este pensador tamén foi un firme  defensor do agrarismo e no seu relato titulado, Xustiza agraria (1776), comenta que o cultivo é como mínimo un dos maiores avances naturais xamais feitos pola invención humana.
Neste sermón continúa dicindo que o ser humano multiplicou  por dez o valor da terra creada pero o monopolio territorial que se iniciou con él producíu tamén o maior dos  males. Desposeeu a máis da metade dos habitantes de todas as nacións da súa herencia natural, sen proporcionarlles, como debería haberse feito, unha indemnización por esa perda e creouse así unha especie de pobreza e miseria que antes non existía.

Este liberal está defendendo un dereito. Alega claramente polo valor perdido, debido a unhas prácticas dun sistema desigual e pretende retornarlo ao seu estado natural antes da civilización.

Non defende unha caridade senon a recuperación dun sustento innato da especie humana dende o seu nacemento. Deus como creador non fixo ricos e pobres, él, só fixo a muller e o home e deulles a terra como herencia para a súa vida nela, reflexiona.

mércores, 1 de abril de 2020

Salta o coronavirus

A bondade con vontade
fortalece a vitalidade.

A sociedade con piedade
establece a solidariedade.

Cun tempo agraciado
vese un potenciado.

Cun alento adiantado
tense un impulsado.

Neste tramo de escalada
desexa un a baixada.

Con enxeño e parada
aparece un coa escada.

Sube agora seguro,
o destino ten futuro.

A esperanza asume
a chegada ao cume.

Firme e con saúde
a bonanza acude.

venres, 27 de marzo de 2020

A solidaridade no capitalista non existe

  O capitalista é un mercader instrumental oportunista, creador dunha débil actitude solidaria.

 A solidariedade que propicia o capitalista é algo pasaxeiro, efémero, superficial. Movilízase polo emotivo, coma calquera mal crego no seu altar, tratando de ensinar a palabra dende a Fe, sen dar a coñecer máis alá da palabra de Deus, sen amosar como foi a verdadeira Obra do Señor. Falta practicala e demostrala.

 En xeral, o capitalista, coma outros moitos personaxes emerxentes neste sistema capitalista, provocan só unha fráxil comprensión do  verdadeiro concepto de solidaridade e cooperación. Teñen outra intención. Desexan dende as súas sabias que o estado de transformar a situación en igualdade nunca suceda. O compromiso estable no tempo, de fomentar e consolidar a igualdade non sae de forzas emotivas, senon de sacrificio e obras do día a día, con feitos ao longo do tempo. O resto é só para querer quedar ben, no momento ou para deducir na renda os seus beneficios sen querer cambiar nada do que está estructurado.

 Blindar o lucro é o que o caracteriza, é o predominante do seu ser, non a solidaridade.

martes, 10 de marzo de 2020

A ficción dun virus en acción: "trompe-l'œil"

 O chamado coronavirus é envolto e usado, máis alá da propia necesidade sanitaria para a súa erradicación, como ferramenta útil dunha crise sistémica do modelo actual.

 Neste contexto xérase o escenario, propicio e acaido, para que un sistema, decadente e inxusto, sexa garante da súa ociosa habilidade de hibernación e reconversión. 

 As ansias de transformación, para a súa adaptabilidade, amoldada ao seu fundamento exclusivo de lucro, afectando de maneira contínua as desigualdades e os dereitos da poboación, están xa en marcha.

 A desaceleración necesaria da economía, basada no consumismo, xustifícase coma un trallo co fin de garantir un capitalismo que se ve famento de recursos e necesitado dun mercado que é baleiro de poder adquisitivo. 

 Para poder revivir da súa propia ruína, como modelo sostíbel, a trama xa está encamiñada e en acción.


martes, 25 de febreiro de 2020

Tecnoloxía para rehumanizar se o afán individual do capitalismo o permite.

 Se fai medio século necesitábase unha xornada laboral, hoxe só compre unha hora e media para facer ese mesmo traballo.

 Neste contexto, a evolución laboral debería favorecer e incrementar o tempo adicado a outras facetas da vida, gañando tamén a productividade no tempo que se emprega para producir e incrementar o valor na sociedade da economía en conxunto.

 A ganancia propia, da remuneración percibida pola persoa empregada, debería salvar certas limitacións pasadas para dispoñer da posibilidade de adicarse a facetas fóra da vida laboral.

 A situación sería propicia para resultar así sempre que funcione a economía do ben común e non a economía da especulación. A sorte baixo o desamparo dun seguro sen protección nen garantías da súa aplicación non debería existir.

 A desintegración de valores sociais por valores cada vez máis individuais, illados e pouco humanos, primados polo propio fundamento do capitalismo, por acumular máis poder pecuniario en favor da deshumanización do conxunto da economía na que se asenta, xera unha forza latente e persistente de tal magnitude e ao mesmo tempo invisíbel que é moi difícil de reducir en favor doutros modos de ordenar a economía.

 A tecnoloxía productiva tutelada polo capitalismo entra nunha fase de absolescencia se non aporta melloras á economía máis alá da rapidez e comodidade na producción de servizos e produtos. Deixa de ser tecnoloxía se non favorece a conciliación. Estará caduca se non permite dispoñer de posibilidades para vivir en sociedade. Será arcaica se non protexe a economía do benestar, a economía global da comunidade sostíbel nun medio natural soportado coa integración do hábitat que nos dou o ser.

 A conciencia doutra economía con ferramentas avanzadas para dispoñer e usar na comunidade deben emerxer co fin de salvar a humanización e sobre todo permitir continuar existindo nun mundo como seres humanos e non como máquinas ou robots controlados baixo algoritmos definidos con parámetros dictados ponderando obxetivos nada sociais polo ben común.

luns, 24 de febreiro de 2020

O feminismo: materia de igualdade non só na ensinanza.

 Dispoñer máis doadamente de fontes obxetivas, documentadas no plano informativo e formativo e non tan só reinvindicativo, e con contidos para asentar coñecementos máis alá dun problema social encamiñándoo na consolidación dun dereito básico fundamental a ensinar na docencia e nas ciencias sociais de convivencia, a diario, e en todos os ámbitos da vida, é esencial para o fortalecemento das persoas coa habilidade de practicar, con naturalidade, a igualdade efectiva no noso país.

xoves, 20 de febreiro de 2020

A natureza volverá, a nosa especie non.

 Quitar unha árbore e poñer no seu lugar un anuncio para preservala. É así como se definen, tal cal, os tempos da mercadotecnia, petando de fronte coa realidade do desastre que nos provoca o mercado do consumismo. A conciencia natural do ser humano sobre a natureza que nos dá a vida tamén desaparecerá e só nos quedará a ilusión do habido. De non actuar doutro xeito a situación empeorará cada vez máis alá ata tal punto que xa non haberá retorno para reparar o noso hábitat e iremos para alá, sen volta definitiva, como especie extinta.

martes, 11 de febreiro de 2020

En democracia recente é bo ter a receita presente

 Usar a liberdade como defensa dun discurso que xira, na súa esencia, sobre a represión, o terror é a honra do mal para lucro unitario á conta da totalidade da sociedade é ser cómplice e vogal dunha histórica recente dictadura.

 Ser contundente, firme e radical coa erradicación de todo ideal de sometemento pasa por dominar o seu fundamento e críticar o que o sostén para sabelo argumentar por medio da palabra coa boa educación que nada ten que ver co uso de tal pin parental.

 Non deixarse asoballar e, pecuniariamente, alinear coa bagaxe da oligarquía imperante, darase sustento ó estrato que permitirá nutrir a política da verdadeira democracia, fortalecendo a súa saúde e dando bos frutos cos que alimentarán as ideas da sociedade, en igualdade, prendendo a bondade en todas aquelas persoas que así a desexen exercitar.

 O resto resta valor de progreso coma sempre se demostrou nos ciclos das sociedades da humanidade onde emerxen guerras e virulentas destruccións que nada axudan a vivir en paz.

 Coa harmonía tecida neste pensar espero que esta lectura aportara algo no camiñar cara a consolidación da democracia aínda recente e moito por madurar.

martes, 12 de setembro de 2017

Democracia en Cataluña si ou non.

 Que problema hai en que o pobo catalán vote non ou si a emancipación da patria de Madrid para ser un pobo soberano e libre en pleno dereito internacional asinado polo Reino de España? Se existe democracia non se debería impedir que as persoas decidan libremente.

 Se se bloquea este proceso lexítimo, verase que o dereito internacional está sendo violado gravemente polo goberno de España.

 A min non me preocupa que o pobo catalán sexa soberano, si me preocuparían as consecuencias das evolutivas accións, cada vez máis agresivas e de autoridade desproporcionada que empregaría o Estado contra esta situación. Onde están as vías democráticas?, onde están os cauces políticos para confrontar ideas? Non me gusta a radicalización do Estado de enxendrar medo na sociedade a un proceso democrático. Se esta é a vía que se emprega é porque non hai razóns de peso político para colaborar na resolución pacífica do proceso.

 Este artigo tamén o podes atopar no xornal:

 https://www.farodevigo.es/cartas/2017/09/13/democracia-cataluna-ou-non/1748862.html




xoves, 30 de xuño de 2011

O plan de todos para uns poucos

 Acercándose xa o prazo para acreditar que os fondos públicos do Estado, tamén chamados Fondos Estatais para o Emprego e a Sustentabilidade Local, foron realmente destinados a realizar o proxecto plantexado inicialmente. Toca facer balance deste goberno municipal do PP en Dozón.

 Facendo memoria do 2010, xustificouse un diñeiro na realización de 4 proxectos valorados en 201.512,00€ que na maioría supostamente estaban executados no 2009 e rematados en decembro deste mesmo ano 2009 por un importe de 86.481,75€ (“pavimentacion calle en el lugar de iglesia” e “saneamiento en el lugar de iglesia-sixto”). Segundo dita o punto terceiro número 2 apartado f) da “Resolución de 11 de marzo de 2010, de la Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, por la que se aprueban los criterios para disponer de los recursos librados y los requisitos de justificación de los proyectos de inversión y las actuaciones de interés social financiadas con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, creado por Real Decreto-ley 13/2009, de 26 de octubre” é necesario enviar fotos do lugar para constatar que o proxecto non está xa realizado. As fotografías presentadas por parte do PP de Dozón á hora de solicitar ditos fondos, non se corresponden coa situación real do entorno no momento da solicitude (2010), se non que foron tomadas a comezos do 2009, cando se iniciaban as execucións dos proxectos do ano anterior, e non no 2010. A valoración desta re-financiación ascende a 100.142.55€. Ponde irían a parar?
As ditas fotografías enviadas ao Ministerio para aprobar os 4 proxectos do 2010 son:

Fonte: http://ir.gl/f6944f

 Deixando a parte as posibles irregularidades na solicitude, compróbase a picaresca que hai detrás do PP de Dozón e o modo de xestionar os fondos públicos. A maioría das obras proxectadas para o 2010 xa se remataron no 2009 como moi ben sabe a cidadanía. En vez de destinar o diñeiro (100.142.55€) a outras inversións públicas que valoren Dozón, supostamente duplica fondos a esas mesmas obras xa executadas (86.481,75€). Esperan a que haxa novas achegas económicas para crear unhas supostas facturas que xustifiquen un diñeiro novo que non se sabe para onde vai realmente. Lémbrese o diñeiro xustificado no campo de fútbol, o do polígono industrial, etc…que nunca tivo utilidade. O que saben os veciños e veciñas de Dozón é que pouco lles toca destas inversións e máis na re-crise económica e social que se está a padecer en todo Dozón. Que non se enganen aqueles que pensan que tamén se están a aproveitar desta situación. Son os máis afectados xa que teñen que render contas a longo prazo. Pódese dicir que é o imposto real pagado por uns ficticios privilexios que non van máis alá do Alto da Rocha. Se non se cambia o goberno do PP o Concello de Dozón está condenado a desaparecer.

 Atendendo a finalidade para á que realmente foron estes fondos (201.512,00€) a incidencia na economía e de desenvolvemento social ao longo destes dous anos foi mínima. A poboación diminuíu neste último ano alcanzando un saldo vexetativo negativo, o número de vivendas de nova creación foi nulo, o número de persoas ocupadas tamén caeu bruscamente segundo o Instituto Galego de Estatística. Todos estes datos demostran unha pésima xestión dos recursos públicos por asentar poboación. Parece que pretenden por un lado, desmantelar a institución sen ofrecer servizos nin obras públicas e por outro, conservar a institución pública como instrumento de financiación para uns poucos amigos e familiares que ás veces nin de Dozón son.

 Os veciños e veciñas saben que cando hai achegas económicas por outras Administracións Públicas o PP de Dozón fai o posíbel para que cheguen a mans que nada fan por una adecuada xestión pública de todos e todas. Nos tempos que corren é lamentábel que calquera cidadán teña que ir cunha man dando o voto ao Pp e coa outra pedindo calquera servizo ou obra pública. Para iso están? Onde están as responsabilidades públicas propia das autoridades de Dozón que de oficio lles corresponden? É a súa función de oficio mentres ocupan o cargo e non deberían estar a argallar supostos enriquecementos privativos á conta dunha institución pública.

luns, 27 de decembro de 2010

Repoblar ata 2014-2016, e despois…?

 Para estas datas tan especiais e festivas moitos pontevedreses e pontevedresas, segundo a Deputación de Pontevedra, xa poderíamos degustar un novo servizo tecnolóxico. Este servizo derrógase no tempo por imprevistos técnicos de instalación e retrasos burocráticos co cal haberá que esperar aos primeiros meses do novo ano 2011 para empregalo.

 Durante estes meses estanse a producir charlas informativas en todas as capitais de cada concello para presentar un servizo que se vende a un baixo prezo e con unha alta calidade tecnolóxica segundo os expertos da propia compañía e do organismo público.


 Mirando os pregos (técnicos e económicos) do proxecto adxudicado por parte da Deputación de Pontevedra observase que o prezo fixado de 17 euros (sen I.V.E.) ó mes por 1 mega de velocidade ten data de caducidade. Trátase dun servizo cun prezo perecedoiro. Como moi tarde para o 2016 este prezo xa non está vinculado a axuda co cal o máis seguro é que a empresa fixe outro acorde co mercado. Vamos, que os fondos da UE para este proxecto tan innovador no rural galego pode traducirse a efectos económicos nunha axuda á empresa explotadora das infraestruturas para expandirse na provincia de Pontevedra e un incentivo ós cidadáns para que contraten un servizo cun baixo prezo relativo a curto prazo sen ter garantías de manter ese mesmo prezo anunciado o cabo de seis anos.


 Mentres outras compañías do sector perciben axudas públicas para dotar o servizo ó cidadán e custear a inversión inicial favorecendo un prezo de explotación base final baixo, independentemente da subvención obtida a posteriori, neste caso tamén se concede unha subvención no prezo final pero é temporal. A dedución da subvención non está fixada no prezo base do servizo senón a posteriori e só para catro anos e dous máis prorrogables, se as partes están de acordó. Co cal cando a Deputación de Pontevedra deixe de prestar fondos á empresa, esta fixará o prezo sen a subvención pública.


 Como o inmediato e a curto prazo é o que vende, de seguro que a moitos non lles importará esta situación que agora se produce, pero políticamente falando unha boa xestión pública debe ir máis alá do inmediato e pensar nas xeracións futuras. Ou non..?


 Este artigo tamén o podes atopar no xornal:

 https://www.farodevigo.es/cartas/2010/12/28/repoblar-ata-2014-2016-e-despois/504283.html



mércores, 7 de xullo de 2010

Visita Dozón

  Sr. Aurelio Fernández Villaverde, por nacer no Concello de Dozón quero manifestarlle o meu desacordo coa súa carta en relación o Sr. Adolfo Campos Panadeiros. Este señor é rexedor de Dozón dende fai moito tempo pero non por iso se pode dicir que o fixo ben por Dozón. Tivo tempo de abondo para facer moito polo ben de todos neste concello pero ata hoxe só se dedica a facer o que lle interesa sen acordarse en ningún momento de que rexe un cargo público. Aínda, a día de hoxe, non lle vin facer nada polo ben común. Iso si, algunha vez que outra, polo ben privado de algún veciño que se lle rende ós seus pés para pedirlle algún favor, si se moveu, pero sempre co voto na outra man. Se vostede considera que iso é facelo ben estará a falar de épocas caciquís e non de tempos democráticos, no que a transparencia e o ben común deberían estar no interese de todos os políticos.

  Os veciños de Dozón que apoian ó señor Adolfo Campos & Cia, eleccións tras eleccións, fano por que están acostumados os favores privados dende un cargo público a cambio do seu voto. Aínda que esta é a forma primitiva de gañar eleccións segue a ser a práctica habitual neste concello do interior de Galiza. Mentres non se rexenere socialmente este comportamento, pode haber novos candidatos, ata do mesmo PP, máis idóneos que Adolfo Campos & Cia, que o poder municipal seguirá a funcionar como ata o de agora coa súa actividade caciquil. Esta persoa non gaña as eleccións por facelo ben senón por ter o control daqueles que viven a conta del, sexa por medio das súas empresas ou pola relación interesada e vencellada ó concello.
  
  Para demostrarlle que non comparto as súas afirmacións invítoo a que faga unha excursión polas aldeas de Dozón e descubra por si mesmo a situación real deste concello. Para coñecer o nome de cada aldea debería preguntar a xente do lugar xa que algúns dos rueiros ou están mal indicados, xa que non seguen o nomenclátor oficial, ou non existen indicacións. Algunha das carencias que existen a día de hoxe son os sumidoiros en todos os lugares, recollida de lixo selectivo, en especial os das explotacións gandeiras. En todos os lugares, as augas residuais son vertidas a rúa sen haber ningunha depuradora que controle este tipo de residuos. Tampouco hai transporte público -en especial para a xente que carece de vehículo propio-, nin se mellora o servizo de atención a domicilio e axuda ós maiores. Tratándose dun concello agrario carécese de servizo de atención ós gandeiros (oficina agraria municipal con xente cualificada) e tamén carécese dunha mellora de camiños e rueiros nas zonas poboadas. Débese esperar a uns meses antes das próximas eleccións municipais para ver algún que outro camiño arranxado pola empresa que sempre fai as obras municipais. O solo industrial para ofrecer ás empresas que non están vencelladas o rexedor, co fin de crear postos de traballo, non existe. Tampouco existe un acceso a Ourense pola autoestrada dende Dozón. As instalacións deportivas, biblioteca e gardería son demandas que quedan a anos luz debido a nula vontade política por asentar poboación en Dozón. Iso si, existe un tanatorio que o rexedor considera unha obra fundamental hoxe en día para servir a cidadanía.

  Todas estas demandas e as que quedan por citar son carencias municipais que un rexedor debería ter en conta e solucionar se realmente lle interesa a xestión pública dun concello. Reactivar a poboación e a idea de crear futuro en Dozón son estratexias moi caducas para os gobernantes actuais desde concello dezao. De seguro que por parte da alcaldía dise que non hai fondos para todas estas demandas sociais por ser un concello pequeno e que é difícil reactivar a natalidade, de aí que se opte por ter un tanatorio. Por parte do señor Adolfo Campos & Cia non se ve ningún tipo de interese nas xestións públicas, trátase dun concello que está abandonado de toda responsabilidade pública. Cando se abandonan as funcións públicas desta maneira sempre aparecen as veciñas institucións municipais da comarca a ofrecerse para tomar as rendas e poder subordinar as competencias municipais por medio da fusión ou absorción de concellos. Tempo ó tempo verase o dito. Ou non?

Este artigo tamén se atopa no xornal:

martes, 9 de febreiro de 2010

David contra Goliat en Dozón

Logo da contestación en prensa que se fixo sobre o meu artigo de opinión publicado a semana pasada, "Dozón sen Temón" no xornal "Faro de Vigo", sen que a firmara ningén en concreto pero si escondéndose baixo o grupo de Goberno de Dozón, neste novo artigo analizo e aporto algunha que outra matización sobre a contestación recibida.
Mentres calquera proxecto non estea realmente acabado é imposible saber a cobertura ó 100% que vai ter. Hai que ver se realmente o da Deputación de Pontevedra é máis efectivo e garanta que a maioría dos veciños de Dozón gocen do servizo. Véxase os problemas que a día de hoxe aínda hai para ver a TDT en todo o municipio.
En relación ó custo do proxecto da Deputación de Pontevedra, o concello, claro que sae beneficiado, xa que a maioría do custo está financiado por fondos europeos. Hai que matizar que os proxectos promovidos por min, ó concello tampouco lle supón un custo real senón un custo de oportunidade que depende das inversións municipais que levaría acabo baixo o Plan E 2010. En ningún momento me refiro o custo do proxecto como tal senón o custo que lle toca pagar ós usuarios finais polo servizo contratado. Este, de todos os proxectos que pasaron polas miñas mans, era o máis barato para os veciños. Como potencial usuario do servizo de banda ampla sempre valorei máis o prezo que tería que pagar os usuarios finais que o custo do proxecto en si para dotar o servizo. Cabe recordar que no mes de xaneiro a Deputación de Pontevedra ampliou o presuposto de 6 millóns de euros a 10 millóns de euros aproximadamente para poder dotar o servizo en banda licenciada. O concello aínda que só poña 3.213 euros das súas arcas municipais , o custo total do proxecto da Deputación de Pontevedra é moito maior.
Cando xa se indica que o operador da rede é un operador cualificado, con licenza en toda España e que este será o que asuma o proxecto na provincia , estase afirmando que só un e ningún máis dos distintos operadores que hai no mercado galego exclusivo, optan o concurso. Afirmar que o prezo é altamente competitivo non ten cabida no presente caso se só compite o operador cualificado con licenza en toda España na adxudicación final do proxecto provincial. Na provincia de Ourense adxudicouse fai pouco un proxecto similar cun custo mínimo o usuario final de 39 euros/mes por un mega de velocidade por un operador con licenza en toda España. Sen embargo baixo as mesmas condicións, os proxectos que promovín, un deles tiña un prezo mínimo a metade menos có ourensán ó consumidor final. Deixo claro que en ningún momento me manifestei en contra do proxecto da Deputación de Pontevedra senón que os veciños tivesen para o verán a posibilidade de ter dúas ofertas de Internet. Así si que habería prezos competitivos ó consumidor final.
Por último, facer dunha iniciativa persoal (que teña como fin dotar un servizo de Internet nas mellores condicións , tanto económicas como de calidade , á vila de Dozón) unha confrontación política que non ten nada que ver co asunto a tratar é lamentable vindo dunha institución pública. Cos representantes municipais do BNG de Dozón nunca falei deste asunto. De feito, coma a maioría, enteráronse polo xornal ou de oídas por outras persoas.
Que terá que ver a miña inclinación ideolóxica ou política co de ter un servizo básico para Dozón? Só podo achacalo a que detrás da trama de poder asentada en Dozón hai moito interese en blindar as mentes e pensamentos dos veciños e veciñas co único fin de controlar a todos sen excepción para que ninguén se saia das liñas marcadas. Se sobrepasan esas liñas ponse o “aparato mediático” a funcionar para que se marque e marxine socialmente a persoa. Creo e sei que as persoas en Dozón son racionais e pensan por si soas, a parte de ser humildes e traballadoras. Co cal non sei a que ven todas estas acusacións persoais e con moi mala intención dese poder do que antes comentaba.

Dou as grazas en primeiro lugar, as persoas que me animaron a presentar esta iniciativa e conseguir que ó final a totalidade dos veciños de Dozón poidan ter un servizo digno e adecuado os tempos que corren coas novas tecnoloxías. Tamén agradecer ó grupo de goberno de Dozón por aceptar as miñas insistentes invitacións a reunirse para tratar o tema , aínda que fosen en instalacións de empresas privadas e non dependencias municipais.

mércores, 3 de febreiro de 2010

Dozón sen temón

 Logo das distintas xestións realizadas durante estes meses en relación a dotar banda ampla á totalidade do concello, cabe facer balance e calibrar ata onde un pode chegar cunha iniciativa individual apoiada pola maioría dos veciños de Dozón.

 O grupo de goberno do concello deixa en mans da Deputación de Pontevedra un servizo que tivo a oportunidade de ser o responsable de levalo a cabo. Estivo nas súas mans garantir á cidadanía un mega de velocidade a un prezo mínimo de 19€/mes como servizo mínimo a cada usuario.

 Non asumir ningún tipo de responsabilidade nin os custos que repercuten no beneficio da cidadanía déixanos a todos nun momento cheo de incertidume. A Deputación de Pontevedra aínda non decidiu cal será o prezo mínimo que terá que asumir o usuario final mantendo as mesmas condicións do servizo mínimo ofertado. Na Deputación de Ourense, un proxecto similar ó que se mantén na provincia de Pontevedra, anunciouse nos xornais que o prezo mínimo por un servizo de un mega de velocidade é moito maior ca iniciativa presentada estes meses no concello.

 As autoridades institucionais do concello teñen unha actitude bastante distante e moi pouco flexible á hora de atender a demanda social en relación a este asunto. A pasividade, por parte do grupo de goberno municipal, é case unha constante ante as necesidades que unha vila precisa e desexa para o seu futuro. Este servizo, aínda exclusivo no rural -só para xente con maior capacidade económica- non será o que máis urxe pero, se falamos das necesidades xerais que precisa a cidadanía, a actitude e bondade do goberno é moi semellante para todas elas.

 O resto de servizos que aínda non hai pódense citar nunha lista interminable: sumidoiros en todos os lugares, recollida de lixo selectivo, transporte público –en especial para a xente que carece de vehículo propio- mellora do servizo de atención a domicilio e axuda ós maiores, servizo de atención ós gandeiros (oficina agraria municipal con xente cualificada), mellora de camiños e rueiros nas zonas poboadas, solo industrial para ofrecer ás empresas co fin de crear postos de traballo, instalacións deportivas, biblioteca, gardería…

 Esta lista que amoso é pequena pero de seguro importante para solventar algunhas das demandas que poderían precisar os veciños e así mellorar o benestar de todos.
 Faltan políticas que reactiven a natalidade, que asenten máis poboación e dinamicen a economía na zona. Un vehículo que vai sen condutor pola autoestrada é ben evidente o que lle acontecería. O accidente sería evitable se o condutor non se ausentara durante a condución do vehículo. Este exemplo hipotético pretende clarificar e asemellarse ó goberno que hai en Dozón.
 Gañar eleccións municipais sen garantir estes servizos é para facer unha análise socioeconómica moi polo miúdo na zona. Os veciños ven como algo imposible ou a anos luz ter estes servizos básicos co cal estase a obstruír ou anular por completo as súas capacidades de manifestárense con normalidade para demandar e dispór deles como cidadáns libres e con dereitos.

xoves, 24 de decembro de 2009

O Ermo no Agro Galego

 O agro galego está a ermo debido ás poucas ansias de traballalo. Non falo do traballo que realizan os labregos e labregas actuais senón do traballo de xestión e negociación que lles toca a aqueles cargos públicos e institucionais que comen de todos e non producen rendabilidade . Se a estratexia pública actuara con conciencia e baseárase na realidade dos distintos sectores vencellados ó agro galego outro galo cantaría e os labregos e labregas desta terra fértil e verde falarían de riqueza e non de pan para hoxe e fame para mañá. Os sectores produtivos vencellados ó agro tamén son sensibles ós cambios do entorno co cal os individuos da Administración do Estado e de Galiza, en concreto, son os responsables e paralelamente co-causantes destes cambios evolutivos dos últimos tempos no marco europeo, apesares de que queren delegalo na UE. As distintas administracións públicas deberían ser as responsables e activar políticas activas de dinamización e recargar o valor dos sectores do agro na economía galega para darlle un pulo non só na UE senón tamén a nivel internacional. Temos ó noso dispór, dende as distintas administracións públicas, ferramentas que son factibles e moi útiles que levan paradas moitos anos ou son empregadas de escaparate demagóxico xa que nunca serviron para a estructuración dos sectores. Os sectores vencellados o agro galego non necesitan de subsidios, necesitan de recursos que permitan subir no tren do avance e dos novos mercados. Estes recursos é ben sabido que, en diñeiro e de forma directa, os labregos e labregas aquí en Galiza de pouco lles serviron para competir e adaptarse os novos tempos, non pola mala xestión das súas explotacións senón porque carecen de capacidades e infraestructuras que lles permitan levar a cabo esas adaptacións tan necesarias e urxentes dende fai moitos anos. A formación do labrego e labrega foi nula durante moitos anos dende que entramos na UE e só se aplicou apillaría para servirse de fondos públicos sen que estes realmente fosen destinados a repercutir na mellora e adaptación da explotación. Cando falo de mellora e adaptación non me refiro só a adquisición de activos senón de formación e modos de xestionar a explotación xunto coa dotación de infraestructuras de carácter xeral a un lugar concreto onde aséntanse máis dunha explotación. Incentivar o cooperativismo e a asociación de explotacións faríanos máis competitivos no mercado.

 Se as distintas administracións públicas taparon os ollos ante estes feitos ou elas mesmas foron parte nos fins dos fondos públicos, o problema non está no labrego en si senón en quen administra estes recursos. A rendibilidade dos recursos procedentes da UE para Galiza a modo xeral nas últimas décadas foi mínima ou case nula para a xeneralidade dos sectores vencellados ó agro galego. Logo aquí, está acontecendo algo que non é causa externa senón interna e en clave galega. Falta xestión e ansias en administrar correctamente estes recursos cada vez máis escasos. O anterior governo bipartito comenzou a tomar este modo correcto de administrar os recursos públicos pero só foi un escintileo. Para este novo curso político queda pendente seguir dando escintileos que poden chegar a ser continuados no tempo para lograr ver o camiño correcto ou ser pasivos e parte implicada no ermo do agro galego.

 O plantexamento de fondo está en buscar a función que revalorice o agro galego, permitir que este recurso natural de Galiza e para Galiza se rexenere e sexa atractivo para aqueles que queiran internarse no mundo empresarial agrario galego. Unha explotación tense que ver coma unha organización productiva e non se está a enfocar deste xeito co que o plantexamento para resolver a situación nunca encontrará unha solución factible.

 Un grupo lácteo propio sería un paso se acolle na súa organización a todo o sector e non só os grandes productores, o que non se pode é establecer o modo de traballar doutras organizacións ou grupos foráneos sen ter en conta as peculiaridades de Galiza. Estas peculiaridades son o importante dun grupo lácteo galego cun horizonte a competir no mercado internacional revalorizando os distintos produtos a introducir no mercado e marcando a diferenza necesaria para gañarse a confianza do consumidor final.